O Concello reitera o seu apoio ao medio rural na XVI Feira do Entroido de Nadela

Este domingo tivo lugar a XVI Feira do Entroido de Nadela que se celebrou na carballeira desta localidade. A feira asistiu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, posto que se enmarca na aposta do Concello por potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe Lugo. Durante a visita, Méndez reiterou o apoio do Concello ao medio rural, que representa o 80% do territorio do Concello, así como o seu compromiso por mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

Na XVI Feira do Entroido déronse cita ao redor dun cento de expositores, que puxeron á venda produtos característicos destas datas, así como postres típicos do entroido e artesanía. Mercedes Expósito, veciña de Nadela e autora do libro De la Garçon e a la Pin-Up. Mujeres y hombres en el siglo XXI, foi a encargada de ler o pregón, no que lembrou a súa nenez en Nadela e reivindicou o papel da muller na sociedade. A charanga DGT e o Dúo Muralla amenizaron esta xornada, á que ademais da rexedora asistiron outros membros da Corporación Municipal.

O Concello puxo un servizo gratuíto de autobuses dende as 09:00 ás 15:00 horas para todos os interesados en asistir a esta feira na que se puido mercar o mellor do entroido, os seus produtos gastronómicos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com