Cortada ao tráfico por melloras a LU-P-3102 de Mondoñedo a Cadaveo

A Deputación de Lugo cortará ao tráfico temporalmente a estrada provincial LU-P-3102 de Mondoñedo por Agromoso a Cadavedo e ao acceso á Cova do Rei Cintolo para levar a cabo melloras. Concretamente, farao no punto quilométrico 0+100, durante hoxe e maña.

Este corte prodúcese pola necesidade de repoñer, de xeito urxente, un muro de contención que se encontra danado debido aos temporais de neve, choiva e vento que durante os meses de decembro e xaneiro influíron na zona. O organismo provincial establecerá unha ruta alternativa que se atopará perfectamente sinalizada.

Os traballos, que contan cunha achega de ao redor dos 8.000 euros, consistirán na reposición do muro con bloques de perpiaño en sentido ascendente. Tamén será necesario acondicionar parte das ladeiras para asentar o muro á altura das cunetas. As máquinas que se empregarán para as obras son camións para transportar todo o material ata a zona, e unha grúa pluma coa que os 4 operarios que traballarán na zona poderán desprazar e colocar os bloques.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com