O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, visitou o barrio do Sagrado Corazón, onde o Concello instalou novo mobiliario urbano, unha actución que da resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. Trátase da colocación de 10 bancos de madeira, para os que a entidade local investiu 4.000 euros, e coas que o Concello facilita o descanso dos viandantes e o recreo en áreas libres da cidade, tal e como deu a coñecer Piñeiro. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.
Tal e como manifestaron os veciños nos orzamentos participativos, esta era unha actuación necesaria, pois este lugar é frecuentado por persoas maiores que a miúdo pasean pola zona. “É unha mellora máis das que estamos acometendo na cidade para mellorar a calidade de vida dos veciños, como a colocación de varandas na rúa Conde para facilitar o tránsito de peóns”, lembrou o edil.