O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou as obras de mellora que o Concello está a acometer no parque infantil situado na rúa Doutor Balanza, en Catasol, ante a situación de deterioro na que se atopaba. As actuacións, que contan cun orzamento duns 31.000 euros, consisten na instalación de pavimento antideslizante destinado a amortiguar as caídas dos máis cativos e na dotación de céspede artificial, así como no acondicionamento dos elementos de xogo infantil e do valo perimetral do parque e a instalación dun cartel informativo.
Durante a visita, Piñeiro subliñou que “esta intervención enmárcase dentro da aposta do Goberno por manter en boas condicións os espazos públicos dos barrios da cidade, porque isto contribúe ao ornato e sobre todo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas”.
A mellora deste parque infantil, que responde a demandas veciñais, súmase a outras actuacións que está a acometer o Concello nos diferentes barrios da cidade, como a instalación de 10 bancos no Sagrado Corazón