As sancións impostas por medio do “foto-rojo” nos tres primeiros trimestres do 2015 ascenderon a preto de 1500

En concreto, o número de sancións tramitadas en base a probas obtidas por medio do devandito sistema sería de 382 denuncias no primeiro trimestre, 493 denuncias no segundo e 574, no terceiro, segundo lle comunicou o Goberno Municipal a Lugonovo.

Cómpre lembrar que a sanción imposta para este tipo de infracción é de 200 euros máis catro puntos de carné, polo que o total do recadado polo mecanismo serían 289.800 euros e 5796 puntos.

A pregunta formulada por Lugonovo veu motivada pola sentenza da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que en novembro do ano pasado anulou unha sanción de tráfico imposta en base a unha proba obtida mediante un “fotorrojo”, por considerar que non existía o perceptivo control metrolóxico no dispositivo. Nesta liña, a pregunta do número de sancións impostas nos tres primeiros trimestres ía acompañada doutra que demandaba se “o dispositivo sancionador cumpría as devanditas condicións, o que garantiría o seu correcto funcionamento”.

Polo momento o Goberno local non se pronunciou ao respecto, “o que nos produce certa inquietude pola posibilidade de ter contado cun dispositivo que non reunía as condicións legais para efectuar as devanditas denuncias, o que tería suposto un grave prexuízo para todas as persoas que foron sancionadas polo mesmo”. En calquera caso, segue o comunicado, “dende Lugonovo valoramos positivamente a decisión da Alcaldesa de desactivar o “fotorrojo” despois de realizada a nosa denuncia, e agardamos que calquera tipo de dispositivo que se utilice na detectección de infraccións se manteña nunhas condicións conformes á legalidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com