Continúa a celebración do Entroido malia o mal tempo

A programación de actividades que organiza o Concello polo Entroido continúa este luns coa ludoteca de xogos xigantes, obradoiro de maquillaxe e globoflexia, e espectáculo de maxia para os máis pequenos no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, que arrancou as 18:30 horas.

A praza da Soidade acolle tamén esta tarde, a partir das 19:00, unha nova función do ciclo Entroido Escénico, Swing Show, a cargo do grupo Nostrum Cai Teatro.

A música das charangas seguirá tamén animando as rúas de todos os barrios da cidade. Terra Chá estará na Milagrosa; Va K Pinta, polos barrios da Residencia, Lamas de Prado e O Castiñeiro, e Tastarabás e Perkusiona Batería da Unidade, polo centro.

Maña, martes de Carnaval terá como acto central o Gran Concurso de Disfraces para adultos, que repartirá mañá preto de 5.000 euros en premios, entre as categorías individual, parellas e comparsas. Está prevista a celebración dun desfile polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior, aínda que, se as condicións meteorolóxicas o impiden, celebrarase a partir das 17:00 horas nas carpas instaladas diante da casa consistorial. O grupo de música tradicional Raíces do Campo, ás 13:00 horas, na Praza do Campo, e a charanga Maloserá, ás 20:00 horas, polo centro da cidade, ocuparanse da animación musical.

Os festexos rematarán o mércores coa actuación infantil Uxía Lambona e a Banda Molona, ás 12:00 horas, na carpa da praza da Soidade; e o Velorio e Enterro da Sardiña, a cargo da asociación Pepe Barreiro, a partir das 18:30 horas, no quiosco da música da Praza Maior.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com