O Grupo Socialista da Cámara Alta decidiu nomear portavoz da Comisión de Emprego do Senado ao senador lucense Ricardo Varela. O senador, que conta cunha ampla experiencia neste eido, mostrou a súa “satisfacción pola confianza amosada polo Partido Socialista Obrero Español e polos compañeiros de grupo”.
Varela explicou que dende a Cámara Alta “continuarei traballando polos dereitos dos traballadores, co fin de mellorar a terrible situación na que hoxe en día nos atopamos, logo dos 4 anos do Goberno de Rajoy”. Nesta liña, Varela manifestou que “traballarei con todo o meu esforzo para pór fin e corrixir as políticas de emprego existentes que só afondan en máis precariedade e temporalidade”.
O senador lucense apostou por recuperar, entre outros, o investimento en prestación por desemprego, reducida nun 21% polo Partido Popular así como mellorar o salario mínimo interprofesional, conxelado polos gobernos da dereita de Rajoy. “Con isto, o que buscamos é que a cidadanía poida recuperar a súa capacidade salarial, reducida nun 20% polo PP e, polo tanto, mellorar o poder adquisitivo das persoas