O concello de Lugo está a informar que ademáis do peche dos parques Milagrosa e Rosalía, tamén están pechados o acceso ao Balneario dende a ponte e a Calzada da Ponte, asemade quedan cortados o Paseo Álvaro Cunqueiro e o paseo peonil do río Miño por posibles asolagamentos.
Nestes momentos o rio continúa a medrar e é posible que se desborde en máis lugares.
Tamén a subdelegación do goberno informa que a partires desta media noite, pode haber na montaña luguesa acumulacións de neve de ata 25 centimetros baixando a cota a 500 metros. Polo que se pide precaución se teñen que viaxar en coche.
No caso de quedar atrapados pola neve deben permanecer no automóbil co motor en marcha e coa calefacción prendida, renovando o aire do interior do vehículo cada certo tempo ademais de non quedarse durmido.