Tráfico inicia este luns en Galicia unha campaña intensiva de vixilancia e control de camións e furgonetas

A Dirección Xeneral de Tráfico porá en marcha dende mañá luns, e ata o próximo domingo día 21 incluido, unha campaña intensiva de vixilancia e control de camións e furgonetas. Está enmarcada na programación anual de campañas e operacións especiais que leva a cabo a DXT. O obxectivo prioritario é mellorar a seguridade vial e concienciar aos usuarios deste tipo de vehículos sobre a importancia de manter comportamentos seguros.

Para a intensificación destes controis tamén se invitou a participar ás Policías Locais dos concellos.

Os axentes farán especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas  e os elementos de seguridade do vehículo, o seu peso, o acondicionamiento da carga, o estado dos neumáticos ou o adecuado funcionamento do alumeado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com