Esta semana entraron en funcionamento as sinais luminosas de tecnoloxía led e detectores de presenza que o Concello instalou en tres pasos de peóns da cidade, co fin de mellorar a visibilidade e con elo a seguridade viaria. Estas sinais contan con placas solares e sensores de movemento, de tal xeito que os pasos se iluminan cando os peóns se aproximan a cruzar. Tamén dispoñen de sensores de movemento adaptadas a persoas con diversidade funcional.
Con esta iniciativa, dotada con máis de 10.000 euros, o Concello dá resposta ás peticións realizadas polos veciños nos Orzamentos Participativos.
Os indicadores luminosos quedaron instalados nas inmediacións dos colexios Luis Pimentel e Divino Maestro, nas rúas Gallego Tato e Portugal, respectivamente, por onde accede o alumnado a estes centros escolares, así como no cruce entre a Avenida da Coruña e a rúa Ramiro Rueda. A colocación das sinais luminosas en pasos de peóns é unha experiencia piloto, á que o Concello estudará darlle continuidade ampliándoa a máis zonas da cidade.