Rubén Arroxo denunciou o estado no que quedou o sistema de recollida de augas pluviais da rúa Pintor Corredoira despois das obras de pavimentación que recentemente se realizaron. Arroxo comprobou persoalmente como a maior parte dos sumidoiros están completamente atascados. Residentes da zona trasladaron as súas queixas ao BNG – AA tras as choivas dos días pasados e ante a pasividade do goberno local.
Arroxo explicou que “o pavimento xa comenza a estar en mal estado e a esto contribúe que os sumidoiros estén atascados” e lembrou que esta rúa foi asfaltada recetemente con fondos procedentes dos remanentes municipais “obras acordadas polo PP e PSOE para gastar preto de 5 millóns de euros e periodo electoral”. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas denunciou, tamén, o mal estado da intersección de Pintor Corredoira coa rúa Armórica polo soterramento dunha canalización.