A neve que está a caer nestes intres en Pedrafita do Cebreiro dificulta a circulación rodada

Continúa a nevarada a estas horas da noite, despois de que toda esta tarde estivera caendo un fino manto de neve sobre o Concello de Pedrafita do Cebreiro. Isto fai que a circulación estea a ser lenta e dificultosa. Para esta madrugada agárdanse temperaturas de -4 graos, polo que de seguir as precipitacións actuais podería complicarse máis.

O 112 recomenda circular con precaución no caso de neve ou xeo e ofrece estas consignas no caso de ter que conducir esta noite:

Aínda que resulta complexo percibir as placas de xeo, digamos que hai sitios nos que se adoitan a formar con máis frecuencia, por exemplo: Zonas húmidas e/ou sombrías; Cunetas sen beiravías ou con moita vexetación; Debaixo de pontes e/ou pasos elevados; Entradas e saídas de túneles; En fochancas e/ou depresións do asfalto

Lembrar que, ante a presenza de fenómenos meteorolóxicos adversos por xeadas, é mellor non coller o coche. Se non puidese ser doutro modo, entón, informarse sobre o estado das vías. E, en todo caso, ir co depósito de combustible cheo, teléfono móbil e, por se acaso, cadeas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com