CD Lugo – Cd Leganés este sábado ás 18:00 horas no Anxo Carro

O CD Lugo enfrontase ao CD Leganés este sábado ás 18:00 no Anxo Carro. Un partido que para Luís Milla supón un autentico reto, con dous obxectivos claros, por unha banda “o de bater a un dos conxuntos que mellor rendemento está a ofrecer na categoría, e polo outro, o de recuperar unha imaxe ante a bancada do Anxo Carro que lembre a solvencia e eficacia demostrada nos partidos xogados como visitante”.

Milla  confía nos seus homes, e espera un gran ambiente de fútbol para lograr os tres puntos: “Adestramos ben, estamos con moita ambición e seguimos na liña con todos preparados”.

O CD Leganés que só sumou catro derrotas no que vai de temporada, chega ao Anxo Carro  con moita confianza, e destacando “a importancia de pensar en cada partido, de seguir igual e non pensar en nada mais” ao tempo que recoñecían “a ilusión existente na plantilla”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com