Elena Candia consigue o aval do 80% da Xunta Directiva

A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo Elena Candia consigue o aval do 80% da Xunta Directiva, conformada por cargos públicos, alcaldes, portavoces e destacados militantes da provincia. A candidatura da Deputación xa contou, na primeira parte do proceso, co dobre de sinaturas dos militantes que a outra candidata, Raquel Arias. En concreto, 1450 apoios dos militantes do partido fronte A Xunta Directiva está composta por 140 persoas a día de hoxe, dos que máis dun 80% teñen firmado o aval de Elena Candia. Ademais, todos os seus membros son compromisarios natos na cita congresual, o que a sitúa á alcaldesa de Mondoñedo nunha posición destacada no proceso que culminará o vindeiro día 6 de marzo.

A ex presidenta da Deputación afirma que “entre a militancia se ten constatado unha gran acollida das incorporacións de destacados profesionais do ámbito sectorial que ata o de agora non formaban parte dos órganos de toma de decisión do partido e que, a bo seguro, achegarán novas ideas e enriquecerán o proxecto”.

Por todo o anterior, Elena Candia subliña que o proxecto que encabeza, xunto con Ramón Carballo, “parécenos o máis pegado ao partido e o que mellor entende as sensibilidades que nos están trasladando os afiliados nas reunións que mantemos con eles”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com