Maña comeza a proxección das curtametraxes do Grotesque Film no Hof Gruf

O Grotesque Film Festival celebra o que os seus organizadores denominan a III’5 edición. Maña venres 26, proxectaranse algúns curtametraxes do Grotesque Film no Hof Gruf ás 22:00 horas.

O festival vaise consolidando pouco a pouco na cidade de Lugo e o número de pezas filmadas aumenta cada ano. O ano pasado presentáronse vinte nove curtametraxes ao concurso e este ano o número ascende a trinta e sete. Na páxina de facebook do festival aparece definida a filosofía do proxecto dunha maneira clara e concisa “Participe en el Grotesque Film Festival, señoooora! No hay reglas sobre duración de los cortos, temática o medios a utilizar. La única norma para participar es que el material pueda describirse como grotesco (extravagante, ridículo y/o de mal gusto).”

Esta sesión que se celebra maña, será un aperitivo á Gala Grotesca, que terá lugar en marzo, e na que se entregarán varios premios. Os dous máis importantes “La Concha de tu Madre” (mellor curtametraxe grotesco) e “Non vale furar” (curtametraxe demasiado perfeccionista para ser 100% grotescos) serán votados polos asistentes á cerimonia. O resto de premios entregaranse por sorteo. O ano pasado a Concha de tu Madre gañouna Franco Frankenstein e o premio Non vale furar recibiuno Vegano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com