O Concello pon en marcha un dispositivo especial de seguridade ante a alerta amarela por neve e xeo

Ante as previsións meteorolóxicas de alerta amarela por neve e xeo, prevista para as próximas horas, o Concello porá en marcha un dispositivo especial para garantir a seguridade de vehículos e peóns en todo o municipio.

Deste xeito, todos os servizos municipais estarán en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir. Ademais, o Concello tamén dispón dunha cantidade suficiente de sal para, no caso de ser preciso, esparexer onde sexa necesario. As reservas de sal son dunhas 10 toneladas.

A alerta afectará a partir desta noite ás 00:00 horas e espéranse precipitacións en forma de neve por riba dos 400 metros, cunha acumulación de ata uns 2 centímetros na zona centro de Lugo. Por todo elo, o Concello recomenda extremar as precaucións ao volante, así como nos desprazamentos peonís ante a posibilidade de neve e xeo.

A entidade local por razóns de seguridade tamén pospuxo a proba deportiva do Corre con Nós na estrada do río Rato, prevista para este domingo, 28 de febreiro, ao sábado 2 de abril, no mesmo lugar e cos mesmos horarios.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com