A Deputación reforza o seu dispositivo Invernal para esta fin de semana

A Deputación de Lugo reforzou o Dispositivo Invernal, composto por preto de 50 máquinas e máis de 80 operarios, para por solventar as incidencias que se poidan rexistrar durante esta fin de semana producidas polo temporal de neve e xeo que atravesará a provincia.

Concretamente, as máquinas que se van utilizar son quitanieves, tractores especiais e todoterrenos con cuñas e salgueiros, ademais de varios vehículos de apoio con ferramentas como palas, picos ou motoserras, por se fose preciso apartar árbores ou despexar cunetas.

Os Concellos máis afectados polo temporal, e polo tanto nos que a Deputación ten previsto intensificar os traballos se é necesario, son: A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñíz, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas de Sil, Pobra de Brollón, Chantada, Taboada, Baleira, Baralla, Castroverde, Xermade, Muras, Ourol.

Este dispositivo estará, ademais, en coordinación constante coas outras administracións que teñen competencias neste eido, para garantir a unha correcta circulación nas vías provinciais e municipais.

O organismo provincial manterá tanto o dispositivo invernal como o resto do operativo da Deputación de Lugo activado para actuar coa máxima axilidade en casos da chegada dun novo temporal ou sucesos puntuais, para conservar e manter en perfectas condicións a rede viaria provincial.

A Deputación fai unha recomendación a todos  a circular con precaución nos Concellos máis afectados polo temporal e, de ser posible, reducir ao mínimo os desprazamentos.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com