Renfe anunciará nos vindeiros días melloras no servizo de Lugo a Madrid.

O plan da entidade ferroviaria chega logo das protestas  realizadas estes días pasados pola plataforma Lugo… non perdas o tren. Ditas medidas consistirán basicamente en incrementar as  frecuencias co fin de que os novos  horarios permitan aos habitantes da provincia dispoñer duns horarios mais acaidos para as viaxes á capital do estado..

A directora xeral de operacións da entidade, Berta Barrero Vázquez, respondeu deste xeito ao deputado lucense García Díaz, quen lle fixo chegar as inquedanzas da sociedade lucense polo feito de que a posta en marcha o pasado día 1 de febreiro de novos servizos entre Galicia e Madrid  non resolvía de forma satisfactoria as comunicacións coa provincia de Lugo.

Renfe está a pechar os detalles e os flocos que todo novo servizo conleva, xa que se require a coordinación con outros entes, pero García Díez entende que, cando se confirmen estas noticias, “Lugo verá mellorada a súa comunicación ferroviaria con Madrid, o que levará tamén a mellora das conexións entre A Coruña e Lugo e de Lugo con Monforte e Ourense.

Segundo o popular, “os novos servizos, ademais de contribuír a mellorar as comunicacións ferroviarias, xerarán máis demanda”, o que, ao seu xuízo,”levará a seguir traballando para dar respostas paulatinas á demanda social existente en Lugo”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com