Maite Ferreiro solicita unha xuntanza urxente da Mesa Técnica sobre violencia de xénero do concello

A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, instou ao goberno municipal a convocar “de inmediato” a Mesa Técnica sobre violencia de xénero. Maite Ferreiro dixo que “todas as institucións teñen que analizar en que estamos fallando para que sucedan cousas como as que estamos a ver nestes días”. A edil do BNG – Asembleas Abertas lembrou que “esta mesa técnica tiña como obxectivo reunir, cada tres meses, a todos os axentes implicados na prevención e tratamento dos casos de violencia de xénero”.

A xunta local de seguridade, presidida polo Alcalde e o Subdelegado do Goberno en Lugo, constituíu no ano 2010 unha mesa técnica de violencia de xénero para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, preténdese garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas, xunto a unha atención de calidade. Maite Ferreiro lembrou, tamén, que no ano 2013 o concello contratou a redacción dun Protocolo de intervención interinstitucional para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero.

Maite Ferreiro sinalou que “en Lugo, nesta última semana, sucederon cousas que nos obrigan a analizar como estamos actuando dende as institucións” e “tendo en conta que as competencias neste tema están claramente delimitadas, hai que traballar conxuntamente para facer un seguimento da situación”, e sinalou que “a administración local, en canto é a instancia mais próxima á cidadanía, configúrase cómo espazo privilexiado para a intervención con mulleres vítimas de violencia machista”. O que facilitará,segundo a edil,”unha atención eficaz, inmediata e que cubra a totalidade da rede de atención a persoas que sofren esta problemática”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com