O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, criticou esta mañá en rolda de prensa a intención da alcaldesa de prorrogarlle o contrato do servizo de guindastre a unha das empresas que está no centro da Operación Pokemon.
En relación ao guindastre, Castiñeira explicou que, “de acordo cun decreto asinado pola propia alcaldesa, a vontade de blindar a Cechalva neste contrato era firme e decidida”; incluso segundo voceiro popular, “nin sequera cos informes en contra dos servizos municipais de Intervención e Contratación foi capaz de frear esas intencións”. Segundo indicou, “Cechalva continuará facturando para o Concello de Lugo, impedíndonos que paguemos por este servizo a metade do que viñamos facendo”.
“o único período ao que se alude para a caducidade desa ampliación é o da execución efectiva do acordo plenario que instaba á municipalización do servizo”. Continuou o edil do PP. “Tendo en conta que a día de hoxe aínda non se constituíu a Comisión que ía realizar ese estudo, aprobada en pleno en setembro do ano pasado, moito nos tememos que se pola alcaldesa fora a empresa concesionaria prolongaría a súa recadación incluso máis alá do 30 de novembro de 2017, cando rematarían os dous anos de prórroga previstos no contrato asinado en 2005”, destacou Jaime Castiñeira.