A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este venres a exposición fotográfica Miradas de luz y color, a nova mostra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) que reúne máis de 30 fotografías do leonés Manuel Ovalle, un reporteiro gráfico que leva uns 40 anos coa cámara ao ombreiro, “capaz de incitar á reflexión a través da luz e da cor das súas fotografías”, tal e como o definiu a edil.
No acto de presentación, a Concelleira deulle a benvida a Lugo a Ovalle, pois é a primeira vez que expón na cidade, quen agradeceu ao fotógrafo que escollera o MIHL para expor, “un museo, que sen deixar de ser histórico, estase a converter nun centro de referencia para as artes máis vangardistas. A edil institiu na importancia de que co paso do tempo está a acadar o MIHL no circuíto da cidade, que foi o museo máis visitado no pasado mes de xaneiro.
Na exposición poderanse visitar máis de 30 fotografías de diferentes lugares de España, tomadas en Galicia, Castela A Mancha ou Castela e León, entre outros, así como retratos, que grazas ao tratamento dixitalizado, ofrecen un concepto máis pictórico da fotografía.
Horario da exposición
Miradas de luz y color poderase visitar ata o 31 de marzo, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde