Lara Méndez reúnese coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para dotar de equipamento ao novo auditorio

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta tarde unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na que a rexedora lucense lle trasladou á Conselleira a necesidade de dotar ao novo auditorio, situado na Avenida de Magoi e que está na recta final da súa construción, de todos os elementos e equipos necesarios para poder poñelo en marcha, unha necesidade na que Mato estivo de acordo e asumiu.

Deste xeito, Lara Méndez e Beatriz Mato, chegaron ao acordo de que a Xunta solicite varias propostas para o proxecto de equipamento, algo ao que procederá de inmediato, co obxectivo de determinar exactamente as dotacións que faltan no auditorio e cal é o seu custe, para que poida abrir ao público funcionando a pleno rendemento. Unha vez determinada a mellor opción, estudaranse as posibilidades de financiamento.

Méndez confía en que teña continuidade esta primeira reunión de traballo coa Conselleira de Medio Ambiente, enmarcada “na debida cooperación institucional entre administracións para sacar adiante unha infraestrutura cultural que marcará un antes e un despois na vida cultural, social e de lecer da cidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com