Presentación do libro “Romualdito y sus confesiones oróticas” de Domingo Goás Chao

Maña xoves, día 10, ás 20,00 h., na Galería Sargadelos, vaise  presentar o libro “Romualdito y sus confesiones oróticas”, do avogado vilalbés afincado en Madrid, Domingo Goás Chao.
Goás Chao, Presidente da Cofradía do Capón de Villalba, ten publicados os libros “Una aventura europea” e “Por qué nunca fuí de izquierdas”.
O primeiro dos libros indicados – Una aventura europea- relata a súa intervención como letrado no Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humanos, antes da entrada de España na U.E., tendo sido o primeiro avogado español en intervir diante do Tribunal internacional. Presenta agora unha novela, o seu terceiro libro, nun acto no que intervirán o xornalista Xulio Xiz e o autor.
Este libro será presentado en Vilalba, no Parador Nacional de Turismo, o próximo venres, día 11.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com