Logo de coñecerse a sentencia do Tribunal Supremo, na que ratifica a sentencia de derribar a factoría que Leite Río ten na zona norte do polígono de O Ceao, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo unhas declaracións a preguntas dos xornalistas, nas que dixo “ que de momento o Concello de Lugo non coñece a sentenza, polo que haberá que agardar a estudar a mesma para poder tomar unha decisión” . E continuou “dende o Concello queremos ter a máxima prudencia e intentar sempre compaxinar a legalidade coa actividade económica, porque estamos a falar dunha empresa moi importante, non só para a cidade de Lugo, senón para toda a provincia”.
A factoría en cuestión construíuse no ano 2000 sen a licenza pertinente, porque naquel momento o Concello non admitía a trámite ningún tipo de licenzas por estar agardando a que se aprobase o Plan Xeral de Urbanismo.