A Marea Branca constituida no seu día para defender a sanidade pública, celebra maña domingo a súa décima convocatoria, ás 12:30 h na Praza Maior. Á mesma sumarase a Plataforma pola Saúde de Lugo.
Esta convocatoria que se celebra o terceiro domingo de cada mes, nesta ocasión adiántase a este segundo domingo por mor dos actos de Semana Santa, e levarase tamén a cabo na Coruña e Pontevedra.
A Marea Branca ía celebrarse tamén en Santiago pero por mor da súa prohibición por parte da Subdelegación do Goberno da Coruña non vai ter lugar nesta cidade.