Esta madrugada, ás 01.50 horas aproximadamente, produciuse un tremor que se poido notar en moitas partes da cidade de Lugo. O fenómeno sísmico tivo o epicentro no Concello de Outeiro de Rei, a uns 22 quilometros de profundidade. En zonas onde non hai ruído a esas horas da madrugada, a veciñanza escoitou un forte balbordo que espertou a moitas persoas que xa estaban a durmir a esas horas. A cousa non pasou de anecdótica, xa que a intensidade 2.9, é baixa para causar dano algún .
Hai uns días produciuse outro de semellantes características. Os expertos opinan que é mellor que existan estes pequenos tremores porque liberan a enerxía de xeito máis controlado e isto pode facer que non se produza un que poida causar grandes danos.