Cidadáns denuncia a diferente vara de medir que usa a Xunta para as cidades de Lugo e Vigo

Logo de que Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta, e Fátima Báñez, Ministra en funcións de Emprego e Seguridade Social, anunciaran o luns a firma do protocolo de reasignación de usos do antigo Hospital Xeral de Vigo, propiedade do Estado, para que poida acoller a futura Cidade da Xustiza o grupo político Cidadáns preguntase por que non se fai o mesmo co Hospital Xeral da nosa cidade,  “chama poderosamente a atención, como ben sinalou o propio Nuñez Feijoo, a celeridade deste proceso que “en condicións normais, levaría meses”. Non sabemos moi ben cales son esas condicións “normais”, aínda que parece claro que deben aplicarse a Vigo e non a Lugo, onde levamos estancados nun aparente bloqueo administrativo case 5 anos.

Vai sendo hora de que as distintas administracións se crean as súas propias palabras e apliquen esa “leal cooperación da que falaba a Ministra Báñez para sumar “vontades e multiplicar resultados”.

É inadmisible que “o noso Xeral siga nas condicións nas que está. Que un lugar emblemático que debería converterse no motor da revitalización do barrio da Residencia e sobre cuxos novos usos servizos absolutamente imprescindibles para a cidade hai amplo acordo, converteuse nunha ferida aberta no corazón de Lugo”.

E continúa, “a  Xunta debería explicar por que esta explosión de iniciativa e impulso que demostraron co Xeral de Vigo brilla pola súa ausencia no caso de Lugo. O mesmo podería dicirse respecto ao goberno central”.

O 1 de marzo,  o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 3/2016 “de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese”. Cidadáns preguntase  “se xa houbo algún movemento por parte da Xunta, ou do Concello de Lugo, para ver  se esta lei pode aplicarse ao caso do Xeral de Lugo. A estas alturas, é evidente que se trata, como define expresamente a Lei, dun proxecto de especial urxencia ou interese público”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com