Gómez Besteiro dimite como Secretario Xeral do PSdG

José Ramón Gómez Besteiro presentou esta tarde de venres en Compostela, a súa dimisión como Secretario Xeral do PSdG, poucos días despois de que anunciara que non se ía presentar ás primarias do seu partido para ser candidato a presidente da Xunta de Galicia.

Hoxe  durante unha rolda de prensa convocada de urxencia logo dunha xuntanza da executiva do PsdG, anunciou a súa marcha para converterse nun militante socialista máis.

Pilar Cancela farase cargo do partido ata que se convoquen  eleccións á Secretaría Xeral, dous anos e medio despois de que Gómez Besteiro gañará as primarias cun 77% de apoios.

A presión por parte de Susana Díaz e outros lideres rexionais fixo que Besteiro tomara esta decisión. A Presidenta andaluza chegou a dicir que ” na súa comunidade asúmense responsabilidades políticas máis alá do código ético”.

Logo de días de presión sobre os responsables do Psoe a nivel federal por parte de diferentes agrupacións, Besteiro tomou a decisión de dimitir, aínda que non o tiña que facer, pois o código do Psoe indica que é obrigatorio facelo, no caso de  abrirse xuízo oral a un investigado. Poren Besteiro fixóo para non danar máis ao partido e ao seu Secretario Xeral Pedro Sánchez.

Así as cousas, José Ramón Gómez Besteiro abandona a primeira liña da política en espera de que a xustiza dite sentencia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com