Satisfación de Lugonovo polos acordos na Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal

O grupo municipal de Lugonovo, por medio do seu concelleiro Iñaki García, manifestou a súa satisfacción polos acordos adoptados na Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal que, indica, supoñen “un avance para a mellora da cidade e reflicten  unha maior seriedade da Corporación”.

Estas medidas, ademais, son “un incentivo de cara a manter o nivel de seguimento e de esixencia que o grupo municipal mantén de cara ao cumprimento dos acordos acadados”.

O concelleiro, reiterou na Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal a “necesidade de tomar medidas con respecto ao edificio 48 da Ronda da Muralla”.

O número 48 da Ronda é un caso paradigmático dos moitos edificios que, ademais de dar unha imaxe pésima da cidade, presentan un risco para os viandantes polo seu mal estado de conservación. Neste caso, o inmoble suma un total de 35.000 euros en multas cohercitivas das que os propietarios non se fan cargo, o cal supón un prexuízo tremendo para o Concello de Lugo.

Outro tema, recorrente, que centrou a comisión foi a retirada do guindastre do Garañón.”Lugonovo volveu preguntar este mesmo mes polo estado do procedemento de retirada do mesmo, logo de que houbese un compromiso por parte do Executivo do seu desmantelamento xa no pasado mes de setembro”. Neste caso ,segundo Lugonovo, “o Goberno comprometeuse á súa retirada antes de que finalice o mes en curso”.

Medio ambiente: puntos limpos móbiles e brigada de limpeza

No apartado de medio ambiente retomouse o rogo que Lugonovo plantexara á comisión, no que “instaba ao Goberno a solicitar a Urbaser un punto limpo móbil para a zona urbana e outro para o ámbito rural”.  Esta medida, orientada a mellorar a reciclaxe contribuíndo á súa divulgación, foi moi ben acollida por parte da comisión e trasladouse á empresa concesionaria para a súa posta en marcha.

Por último, o Goberno, segundo García, tamén se comprometeu a enviar ás comunidades de veciños “unha solicitude de permiso para proceder á limpeza de pintadas vandálicas nos edificios”, que acabe coa mala imaxe que se observa no casco histórico de Lugo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com