Lara Méndez felicita a Gómez Besteiro pola súa xenerosidade

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez, fixo esta mañá unhas declaracións logo da renuncia, onte, do xa ex Secretario  do PSdG José Ramón Gómez Besteiro. Nas citadas  declaracións  felicitou ao seu compañeiro por “ese traballo ben feito, por esa grande xenerosidade que o caracteriza, unha por ter esa altura de miras, pensando no seu partido, no PSdG, e outra porque antepón os seus intereses individuais ante o interés colectivo e ante o interés dun país”. Asemade sinalou que” para nós é unha persoa que ten unha gran sensibilidade, unha sensibilidade que necesitamos na Xunta de Galicia, para que en Lugo deixemos de ser cidadáns de segunda, para que pense en Lugo e nos seus veciños, para atender as súas necesidasdes e evidentemente isto a día de hoxe, na Xunta de Galicia non o temos, porque estamos a ver como votan sistematicamente en contra das cousas que serían boas para os seus veciños e veciñas e José Ramón reunía esa sensibilidade, a parte desta gran xenerosidade”.

“En este punto abrese unha nova etapa no PSdG , somos un partido forte, un partido ampliamente dotado de persoas capaces de coller o rumbo do PsdG e de cambiarlle, que é o máis importante, o rumbo ao noso país, que necesitamos polos anos de políticas nefastas e destrutivas para os veciños e veciñas en este caso de Galicia, por iso estamos en ese novo punto e seremos quen de sacar adiante esta nova situación”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com