Candia presenta ao equipo que a acompañará na Dirección Provincial do PP

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, presentou  ás persoas que integran o Comité Executivo, un super equipo deseñado cun claro obxectivo “se fomos a candidatura dos militantes quero que cada afiliado sexa un militante activo. O Vicepresidente e número dous será Ramón Carballo, actual Subdelegado do Goberno e o Secretario Xeral, Juan Carlos Armesto, voceiro no Saviñao.

Así, a popular considera que o novo equipo responde a un organigrama que busca ser operativo cunha vicepresidencia, a secretaría xeral nove vicesecretarías, dez mesas sectoriais, vinte e dúas vocalías, ademais dos membros natos do partido e aínda quedan por nomear os coordinadores comarcais, que os elixirá a militancia.

“Somos a suma de todos, tamén dos alcaldes e voceiros municipais da provincia que formarán parte da Xunta Directiva do Partido Popular” aos que se referiu como “o motor da nosa formación, verdadeiro activo do PP, ademais de seren os interlocutores e representantes máis directos dos veciños”. “Este é o noso equipo, hai partido, ilusión, forza, convencemento e unidade”, engadiu.

Elena Candia defendeu o seu compromiso e o do seu equipo coa provincia e cos problemas dos lucenses. “É o noso verdadeiro reto”, destacou.

Principais obxectivos e retos

“Conto con cada unha destas persoas para cumprir os compromisos que adquirimos e non defraudar o alento que recibimos”, dixo Candia, quen citou entre os principais obxectivos “comunicar máis e mellor, que todos os lucenses entendan o que estamos a facer”, ademais de formar aos militantes, aos portavoces e aos alcaldes a través de áreas de traballo sobre diferentes materias, contando ademais cunha nova estrutura conformada cos mellores profesionais dos distintos ámbitos que permitan que o noso proxecto estea “máis pegado ao terreo”. Tamén enumerou o propósito de estar próximos, “intermediando e escoitando a todos os sectores”.

A popular tamén fixo referencia aos retos máis inmediatos, entre os que se atopan o de revitalizar as estruturas comarcais e o de reunir a Xunta Directiva para convocar o Congreso local de Lugo e o provincial de Novas Xeracións.

Comité executivo 2016

Presidenta : Elena Candia López

Vicepresidente: Ramón Carballo Páez

Secretario Xeral:  Juan  Carlos Armesto Quiroga

Secretario de organización: Daniel  Vega Pérez

Voceira:  Julia Rodríguez Barreira

 

Vicesecretarías:

  1. Vicesecretario de Política Local: Julio Álvarez Núñez
  2. Vicesecretaria de Comunicación: Marga López Blanco
  3. Vicesecretario de mediación social: Quique Rozas López
  4. Vicesecretario novas tecnoloxías: Manuel Antonio Fernández Piñeiro
  5. Vicesecretario de mocidade e participación: Toño Gallego Prieto
  6. Vicesecretario de Acción electoral: José Santos Sánchez
  7. Vicesecretario de Política Económica Local:   Demetrio Salgueiro Rapa
  8. Vicesecretario  Desenvolvemento Rural: Gerardo Criado  Guizán
  9. Vicesecretario asuntos xurídicos : José Antonio Garcia López

 

Coordinadores Sectoriais:

Sector Primario: Ana López Pombo, Manolo López  Fernández e Juan José Fraga Paz, Manuel López  Armesto e Begoña Gaute Verde;  Sector Vitivinícola: José Manuel Rodríguez González; Sanidade: Encarna Amigo Díaz , Carmen Penelas Celeiro; Educación: Remedios González Cabarcos, Javier Vázquez Prado, María José  Gómez Rodríguez; Pesca: Mercedes  Rodríguez  Moreda  e Alberto García; Turismo: Rosa Arza Rodríguez; Polícita social: María José Blanco Freire, Graciela Fernández Carricoba; Infraestruturas e Medio Ambiente: Luis Gómez García, Emilio Pardo Álvare, Comercio e autónomos: Juan Manuel López  Labrada, Teresa Taboada Candal¸Coordinador de  relacións institucionais: Jaime de Olano Vela; Valeor do afiliado: Eugenio Corral Álvarez; Presidente Comité Electoral: Antonio Basanta Fernández

22 Vogais:

María Dolores Cociña Cabanas Burela, Antonio Riveira Requeijo de Xermade, Alba Rodil García  NNXX de Ribadeo, Roberto Fernández Pena, José Manuel Lamela Piñeiro, Ángeles Lenza López, Armando Castosa Alvariño, Ramiro Moure Ansoar, Jesús Novo Martínez, Jesús Carreira Ferreiro, José Luis  Álvarez Blanco ( Alcalde de Pantón), Manolo  González Capón, Alcalde de Baralla, Isabel García Pacín, María Villares Franco, Vicente Quintas González, José Antonio Fernández López, José María Carballido Carballido, Juan Francisco Méndez Ruíz, Jose Manuel Mato Díaz, Alcalde Paradela, Manuel Rodríguez Arias, Noemi Bello Castro, Sonia López Méndez, Luis Cabado Pastoriza, e Antonio Bouza Rodi.

De Novas Xeracións: Alejandro Pena López -Boado, Mar Carballas Piñeiro, Eugenia Vizcaino Gómez, Fernando Carreiras González, Pablo Florez Rodríguez.

Ademais son membros natos do partido, José Manuel Barreiro Fernández por ser do Comite Executivo Nacional;  Alfonso Villares Bermúdez, Raquel Arias Rodríguez, José Manuel Balseiro Orol, Susana López Abella, Juan Francisco López Prieto e Jaime Castiñeira por ser do Comite Executivo de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com