O sorteo do cupón da ONCE de onte, luns 21 de marzo, deixou a sorte na provincia de Lugo, ao resultar premiados dous cupóns vendidos con premio ás cinco cifras, 35.000 euros para cada un. Os dous cupóns premiados despachounos Juan Trebolle, que vende os produtos de xogo da ONCE na localidades lucenses de Poboa de San Xiao, Samos e Sarria.
O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar “La Paga” de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; e premio de 200, 20, e 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado. Así como reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra.
Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes vendedores da ONCE. Co Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de xogo da ONCE www.juegosonce.es