A XXX Feira do Queixo do Cebreiro celebrase este venres 25 de marzo

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas, Pilar García Porto, o Alcalde de Pedrafita, Jose Luis Raposo, acompañados do Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida do Cebreiro, Enrique Fernández, e de Susana Garcia Vilelo, responsable da organización da Feira, presentaron este martes no Pazo de San Marcos, a XXX Feira do Queixo do Cebreiro, que acollerá este municipio da montaña luguesa o vindeiro venres 25 de marzo. Esta nova edición a feira contará cun novo recoñecemento, xa que acaba de ser declarada Feira de Interese Turístico Galego.

García Porto remarcou que este recoñecemento supón un impulso a un evento vital para o desenvolvemento desta Comarca. Explicou que “dinamizar o sector primario da provincia de Lugo é fundamental para asentar e fixar a poboación na Montaña luguesa”.

A XXX edición comeza este venres día 25, ás 9:30 horas, coa apertura dos 100 stands, situados no Recinto Feiral e na Casa da Cultura. A partir das 11:00 horas haberá pasarrúas a cargo da Charanga Madialeva de Sarria, e xa ás 12:00 horas Baile rexional, a cargo da Asociación Cultural local “Xistra”. Ás 13:00 horas, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pronunciará o pregón desta XXX edición.

O queixo do Cebreiro, conta con Denominación de Orixe Protexida dende o ano 2008, e esta elaborado con leite de vacún, a súa de zona de produción comprende os concellos de Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos. Os produtores de Pedrafita que están acollidos a esta Denominación de Orixe son, Castelo de Brañas, Santo André, Marques de Cernadas e Fonchave, e este ano segundo anunciou o alcalde, daranse de alta dúas queixeiras máis.

O Alcalde de Pedrafita, Jose Luis Raposo, dixo que “os 100 stands deste ano, confirman a boa marcha desta Feira, que a día de hoxe convertese nun verdadeiro referente na Montaña luguesa”, e convidou a todo os lucenses e visitantes  achegarse a este Feira. Dixo tamén que a Declaración de Interese Turístico Galego “supón un revulsivo para a DOP e para os produtores, xa que mellorará a súa posición no mercado”. Raposo lembrou a boa calidade e a potencialidade deste produto “a elaboración deste queixo conta con séculos de tradición e esta elaborado artesanalmente”, remarcou.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com