A Biblioteca Municipal convoca aos seus usuarios a participar no concurso de debuxo Adopta un animal de conto

O vindeiro 2 de abril e con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal de Lugo súmase a iniciativa da Organización Española para El Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e convocou aos seus usuarios e usuarios a participar no concurso de debuxo Adopta un animal de conto.

Neste certame poderán participar todos os lectores e lectoras que cursen primaria ou pirmeiro ciclo de secundaria, que deben facer un debuxo dun animal que teña relevancia nun libro en galego lido polo participantes. Xunto co debuxo, deberase engadir un breve texto explicativo da motivación de escoller dito animal. Cada orixinal deberá ter un formato de 10×10,15 cm e deberá figurar tamén o título do libro, o autor e a editorial, ademais dos datos de identificación dos seus respectivos autores.

Os interesados deberán entregar os seus debuxos na Biblioteca Municipal de Lugo antes do 30 de marzo. A Biblioteca seleccionará tres debuxos por cada categoría que enviará a GÁLIX. Cada premio estará dotado cun diploma e un lote de libros.

Máis información na páxina web de Gálix www.galix.org

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com