Lugo garda un minuto de silencio polos atentados de Bruxelas

A corporación municipal, presidida pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,  así como deputados provinciais, gardaron un minuto de silencio polas 31 vítimas e os 187 feridos dos atentados acontecidos onte en Bruxelas. A mostra de rexeitamento á barbarie terrorista tivo lugar este mércores ás 12:00 horas, na Praza Maior, ás portas da Casa Consistorial de Lugo. Ata a Praza Maior tamén se achegaron ao redor dunha vintena de lucenses para participar neste acto de repulsa.

Tanto o Concello como a Deputación manterán ata xoves as bandeiras a media hasta, en solidariedade coas vítimas deste atentado, cos seus familiares e co pobo belga.

Asemade, tamén a Subdelegación do Goberno en Lugo gardou un minuto de silencio diante do edificio da subdelegación e as súas bandeiras ondearán a media hasta ata as 24:00 horas de mañá xoves, 24 de marzo, como testemuña da dor ante eses criminais ataques.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com