A Comisión de Festas acorda mellorar os espazos do feiral do San Froilán

A Comisión de Festas do San Froilán 2016 reuniuse este mércores para avanzar nos preparativos destas festas que no pasado ano deixaron uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97% de ocupación hoteleira. A alcaldesa, Lara Méndez, informou ao final da reunión que esta primeira toma de contacto para o San Froilán do 2016, “puxéronse enriba da mesa distintas iniciativas para mellorar as potencialidades das patronais”.

Como punto de partida, a Comisión de Festas acordou homoxeneizar e regular os espazos do feiral do San Froilán, un aspecto que fará máis atractivo aínda a estes festexos e máis cómodo para os feirantes, e que ademais se recollerá nas bases renovadas da licitación dos emprazamentos para postos e atraccións no San Froilán, xunto aos seus horarios, entre outras cuestións. Nesta primeira xuntanza, tamén se adiantou a inclusión dun espazo multicultural para a integración de diversos colectivos.

Na Comisión tamén se abriu o prazo, ata o 31 de maio, para que os grupos que forman a Corporación Municipal presenten as súas propostas de cara a elaboración da programación destas festas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com