O voceiro do BNG-Asambleas Abertas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sinalou que dende as asociacións de veciños trasladóuselle a preocupación polo incremento da presenza de ratas no barrio de Lamas de Prado. Arroxo lembrou que o BNG xa reclamou, en diversas ocasións, unha atención especial para este barrio en canto á limpeza e á adecuación de infraestruturas.
Arroxo declarou que “puidemos constatar como nas inmediacións dos edificios existen túneles que poñen de manifesto a presenza de ratas”. A presenza de roedores dáse, principalmente, nas zonas comúns e nos xardíns existentes entre os edificios do barrio. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas sinalou que “estas zonas son utilizadas por nenas e nenos para xogar e tamén son zonas de paso para acudir aos centros escolares”.