O PSOE de Vilalba pide que se aprobe a súa proposta para a participación da veciñanza

O Grupo Municipal Socialista pedirá no vindeiro pleno a aprobación do regulamento de participación vecinal que nesta proposta recóllese a participación das veciñas e veciños nas sesións plenarias, o dereito de todas as persoas a recibir información das actividades e servizos municipais, a facer peticións ou suxestións ao goberno municipal, ao fomento das asociacións por parte do concello, ó acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación ou mesmo á consulta popular ou referendo.

“Pedimos que a participación veciñal se regule coa máxima celeridade, logo de lles presentar hai catro meses unha proposta completa sobre os mecanismos e ferramentas que consideramos prioritarios para garantir e fomentar a implicación da veciñanza nos asuntos públicos”, comentou a voceira dos socialistas, Elba Veleiro.

Ante a ausencia de calquera outra proposición, o PSOE vilalbés pide a aprobación dun regulamento “que configura a antesala da participación efectiva da veciñanza, posto que calquera persoa tería a posibilidade de intervir nos plenos, presentar proxectos e iniciativas, e incluso exercer o seu dereito ao voto no caso de convocarse unha consulta popular”, afirman.

En último termo, a democracia deliberativa preséntaselles aos socialistas de Vilalba como “un obxectivo a acadar tamén e principalmente polas entidades locais, especialmente neste municipio onde a opacidade anula a transparencia e o clientelismo eclipsa a participación”, criticou Veleiro.

Emerxencias sanitarias

Outra das cuestións que presentaran ao pleno, en forma de rogo, será a petición expresa por parte dos socialistas de que se delimite e reserve un espazo no aparcadoiro ubicado ao carón do Centro de Saúde de Vilalba, coas condicións e superficie necesarias para a aterrizaxe dun helicóptero de atención ás emerxencias sanitarias.

Pxom

O Grupo Municipal Socialista tamén preguntará ao equipo de gobernó, no que atinxe ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, “a cantas administracións sectoriais lles foi remitido dito Plan, e cal foi a súa resposta”.

Por outra banda, tamén solicitarán información o traballo xa feito no caso de que o concello non aprobe incialmente o PXOM no prazo estipulado pola recente Lei do Solo. Nesta liña, “preguntaremos ao Sr. Alcalde cando ten previsto proceder á aprobación incial do PXOM”, Rematou.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com