Este sábado día 26 será o último día para poder solicitar praza nas Escolas Infantís que a Consellería de Política Social ten en Lugo. O ente autonómico conta con dous centros na capital, Paradai e Sagrado Corazón así como outros tres noutras tantas localidades da provincia, Ribadeo, Foz, e Viveiro. Asemade exiten outros centros de educación infantil, estes pertencentes ao Consorcio Galego de Servizos Sociais que están organizados baixo o nome de “A Galiña Azul”
Hai uns días tamén rematou o prazo para solicitar as do Concello de Lugo, polo que este sábado é o último día para poder acceder a unha praza pública. As nenas e nenos que nazan a partir de agora tamén poderán solicitar praza por outra vía a “fora de prazo” e incoporaranse aos centros sempre e cando haxa prazas disponibles no momento da solicitude.