O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez, que participou na XXXIV Feira do Viño de Qiuroga, felicitou ao Concello por manter e estender a tradición musical galega entre os máis novos con iniciativas como o I Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
Na clausura do encontro, o conselleiro lembrou a importancia de incidir na formación musical desde idades temperás e louvou o labor das agrupacións e das bandas a prol do mantemento da tradición e do herdo musical popular. “Coa gaita, un instrumento que está presente na cultura galega desde a Idade Media, exprésase a sabedoría do pobo”, concluíu.