A Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a nova programación de actividades medioambientais do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, na que poderán participar, de xeito gratuíto, máis de 500 persoas de todas as idades. Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, o éxito de convocatoria das actividades ofrecidas durante o primeiro trimestre foi tal que, en tan so uns días, as prazas quedaron practicamente esgotadas”.
López Izquierdo afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle aos veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.
O calendario das actividades programadas son:
Conferencias e obradoiros:
O día 7 de abril terá lugar a conferencia Preparación do solo do Horto, para un número máximo de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño de 19:00 a 21:00 horas.
O día 19 de maio haberá outra conferencia: As prantas: usos medicinais e fitosanitarios, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas.
Actividades para adultos:
O día 9 de abril terá lugar: Multiplicación vexetativa de especies leñosas, dirixido a 40 persoas e que se celebrará en Terras do Miño nun horario de 11:00 a 14:00 horas.
O día 14 e 16 de abril será o turno de Planificación dun Horto, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 14 e de 10:00 a 14:00 o día 16.
O día 30 de abril e 5 de maio terá lugar Elaboración de Cervexa I, contando cun total de 20 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 30 e de 10:00 a 14:00 o día 5.
O día 21 de maio haberá: Obradoido de elaboración de bebeidas vexetais, destinado a un total de 20 persoas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
O día 28 de maio ofrecerase: Obradoido deshidratados, sales de cociña e vinagres, que conta con 20 prazas e que se celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
O día 11 de xuño terá lugar: Elaboración de extractos naturais, dirixido a 20 persoas e que se realizará no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
Para as familias:
O día 2 de abril ofrecerase o obradoiro Aves na Reseva da Biosfera Terras do Miño, que contará cun máximo de 20 participantes e que se celebrará entre as 10:00 horas e as 13:30 horas.
Os día 22 e 23 de abril será o turno de Micoloxía e Medio Ambiente, con 20 prazas e que se celebrará no Centro de Interpretación entre as 19:00 horas e 21:30 horas o 22 e entr as 10:00 e as 14:00 horas o día 23.
O día 7 de maio celebrarase a Ruta botánica do campus de Lugo, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 11:00 e as 13:30 horas.
Os días 4 e 5 de xuño será o turno de Festival da Biosfera 2016: Día Mundial do Medio Ambiente, que se compón dun total de 5 actividades, 3 para realizar o sábado día 4 e 2 para o día 5. O sabado, haberá ás 11:00 horas un roteiro en bicicleta no Paseo do Río Rato. Ás 12:00 horas, terá lugar a conferencia A bicicleta como medio de transporte sostible que será de 12:00 a 13:00 hora. Ao mesmo tempo, haberá na zona un contacontos infantil. Por outra banda, o domingo, de 10:00 a 17:00 terá lugar en Terras do Miño o III Encontro de Cociña Solar, dirixido a un total de 20 participantes. Ademais, nese mesmo horario, un contacontos para os máis picariños.
O día 25 de xuño ofrecerase a I Ruta Sonora Terras do Miño, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 10:00 e as 14:00 horas.
Para os máis pequenos (entre 6 e 12 anos):
O 4 e 5 de xuño terá lugar a actividade Contacontos Infantís, para 20 participantes no Centro de Interpretación Terras do Miño.
O 27 de xuño comeza a actividade Xogos para descubrir a natureza, para un máximo de 20 participantes e que se celebrará en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas.
O 28 de xuño terá lugar O Clube dos nenos coidadores do planeta, no C.I. Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
O 29 de xuño será o turno de Vamos a investigar o entorno natural, en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
O 30 de xuño terá lugar A caixa dos Xogos do Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén no Centro de Interpretación de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.