O Concello de Lugo conseguiu que o SERGAS acometa a poda necesaria das árbores do recinto do Vello Xeral, tras a solicitude da entidade local, que se fixo eco das peticións dos veciños e veciñas da zona.
Así, na xornada de hoxe diversos operarios comezaron os labores para retirar as ramas que sobresaían do recinto invadindo a vía pública e producíndolle molestias á veciñanza.