O PSOE esíxelle á Xunta os datos de mortalidade por infarto e a Hemodinámica 24 horas

Os voceiros socialistas na Deputación e no Concello de Lugo, Álvaro Santos e Miguel Fernández, xunto á coordinadora do PSOE na Mariña e Alcaldesa de Trabada, Mayra García, presentaron este luns a moción que os socialistas levan ao Pleno Provincial de mañá e ao municipal do xoves para esixir á Xunta de Galicia a inmediata dotación do servizo de Hemodinámica as 24 horas no HULA e a publicación dos datos de mortalidade aos 30 días dos pacientes por infarto de miocardio. Mayra García avanzou que o partido entregará esta moción a todos os seus Alcaldes e voceiros para que tamén a presenten nos seus respectivos Plenos, “pois este é un asunto primordial para a nosa provincia, que nos afecta a todos”.

Miguel Fernández destacou que “levamos anos esperando a que a Xunta dote aos lucenses de Hemodinámica 24 horas. Durante todo este tempo, o Goberno galego sempre relacionou a súa inexplicable negativa a implantación deste servizo no HULA  a un informe cos datos sobre infarto de miocardio. É dicir, cuantifica en termos económicos o custo da atención sanitaria. Tras anos agochando esta información, o pasado 16 de marzo o Sergas presentou o primeiro balance do Rexistro de Atención ao Infarto de Miocardio; un informe sesgado e incompleto, no que se obvian datos fundamentais, como son os de mortalidade”.

“O que si contrastamos con este informe é que un lucense tarda o dobre de tempo que un cidadán da Coruña ou de Santiago de Compostela en ser atendido por infarto. Son máis de 3 horas, 192 minutos, o que tarda de media un veciño de Lugo que sofre un infarto de miocardio. É necesaria a súa inmediata dotación na provincia. Temos dereito a coñecer os datos reais de mortalidade por infarto de miocardio, que é no que se basea o Goberno galego para a implantación deste servizo en Lugo. ¿Por que non fan pública esta información?”.

Mini-radioterapia

Santos Ramos remarcou que “o Goberno autonómico do PP está incumprir coa ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego. Máis de 41.000 lucenses dixeron alto e claro que era urxente a dotación de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear. O PP desvirtualizou a ILP. Seguimos cun servizo de oficina para Hemodinámica, cando un infarto non entende de horarios. Contamos cunha mini-radioterapia, cun servizo para o 50% dos lucenses que teñen que recibir este tratamento, pois o outro 50% seguirá peregrinando a Coruña”, rematou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com