A Deputación aproba o seu orzamento grazas á ausencia do PP

A Deputación de Lugo aproba o seu orzamento para este 2016. O goberno bipartido logrou sacar adiante unhas contas públicas de algo máis de 96 millóns de euros cos únicos votos a favor dos deputados do PSOE e do BNG grazas á ausencia dos doce deputados provinciais do PP, que decidiron abandonar o salón de plenos. O deputado non adscrito, Manuel Martínez, decidiu votar en contra.

O debate trascorreu tras numerosas interrupcións e reproches trala decisión do presidente da Deputación, Darío Campos, de non someter a debate as 20 emendas presentadas polos grupos da oposición apoiandose nun informe técnico.
Manuel Martínez cualificou esta actitude de Campos como ditatorial e engadía que o feito de non realizar dito debate podía supoñer mesmo un delito de prevaricación. “É un presuposto irregular e case ilegal”, dixo.

Pola súa banda os deputados do PP ausentáronse do pleno no momento da votación. Para a voceira do grupo popular na deputación Elena Candia, o feito de non debater as emendas da oposición amosa que Darío Campos non ten unha actitude “nin conciliadora nin negociadora”. Segundo Candia, Campos pretende “limitar e coartar a acción dos deputados”. A marcha da voceira popular e do resto de deputados provinciais chegou despois de que o presidente da Deputación lle negase a posibilidade de levar a cabo un receso de 15 minutos no pleno para estudar a legalidade da decisión de Darío Campos.

Pola contra, a vicevoceira do grupo socialista, Pilar García Porto defendeu as contas públicas presentadas polo grupo de Goberno que pivotan, dixo, sobre tres eixos: o emprego, as infraestruturas e as políticas sociais Porto defendía ademais  que a decisión de non debater as emendas da oposición contaba cun aval técnico.

Tamén interveu no debate o secretario da Deputación que avalou a decisión do Presidente, Darío Campos. Entende o secretario que algunhas das emendas presentadas eran, dixo, un ataque á liña de flotación do orzamento, polo que Campos está no seu dereito de non sometelas a debate.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com