Cidadáns presentará unha emenda para que se retome o proxecto de rehabilitación da Tinería

O Grupo Municipal Cidadáns presentan unha emenda á proposición do BNG, que solicitara á Xunta de Galicia que retome o proxecto de rehabilitación do barrio da Tinería, así como a actualización do PEPRI e a axilización de concesión de licenzas urbanísticas.

En dita emenda, que levarán o Pleno de maña, e que completa a proposición do BNG,  piden que se adopten medidas concretas para garantir a recuperación do barrio. En concreto solicitan que “o Concello proceda ao arranxo urxente do tramo de Carril dous Fornos que une o aparcadoiro do Virxe dos Ollos Grandes co barrio, que se atopa nun estado lamentable, a instalación de máis colectores de lixo, posiblemente soterrados, e que se permita aos residentes e clientes do hotel a saída á Rolda a través de Pórtaa Miñá”.

Con estas medidas, o Grupo Municipal Cidadáns, espera “mellorar a vida  dos veciños, que supoñan unha mellora substancial para un barrio que, ao ser atravesado polo Camiño Primitivo, bordeado pola Muralla e a un paso da Catedral, é fundamental para a imaxe que ofrece Lugo e está chamado a desempeñar un papel importante no desenvolvemento turístico da nosa cidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com