Masa Crítica sairá maña de novo a rúa

Coma todos os últimos xoves de mes, maña 31 celebrarase en Lugo unha nova edición da “Masa Crítica” á que están convocados/as todos/as ciclousuarios/as lucenses.

Masa crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación,

A marcha sairá ás 20:15 desde a Praza Maior, diante do Concello, e nun ambiente de festa e diversión música, seguirase  a reivindicar o uso da bicicleta coma medio de transporte na cidade.
 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com