A montaña lucense rexistrou a pasada noite intensas precipitacións de neve que produciron acumulacións de xeo e neve de ata 15 centímetros, polo que a Deputación intensificou dende onte á tarde os traballos nas vías da montaña lucense. Dende primeira hora desta maña, despregáronse un total de 64 operarios e máis de 20 máquinas, entre as que se atopan quitanevenes, todoterrenos, diversos vehículos de apoio con material mecánico e varios tractores e palas con cuña, que están a acondicionar a rede viaria provincial para garantir a seguridade dos usuarios destas estradas.
As estradas dos Concellos nos que o Operativo Invernal está a traballar son:
- Baleira: LU-P-0401 “De Corveira, por Corneas ao Restelo”; LU-P-0401 “De Corveira, por Corneas ao Restelo”; LU-P- 0405 “De Fonteo a Lastra” e a LU-P-0407 “De Fontaneira por Vilar Dos Adrios”
- Becerreá: LU-P- 0708 “De Cereixal a Louxas”; LU-P-0704 “De Cereixal por Penamaior á Escola de Alta Montaña”; LU-P-0707 “De Armesto por Tores a As Nogais”; LU-P- “De Triacastela, polo Alto da Albela a Guilfrei”.
- Caurel: (TODAS): LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P- 4505 “Dr Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, e as LU-P-1301, 1303, 1305, 1306, 5601.
- Cervantes: (TODAS): LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”: LU-P- 1405 “De Campa da Braña a tres obispos”; LU-P-1411 “De Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “De Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, e as LU-P- 0702, 1401, 1402, 1403, 1404, 1406, 1407, 1408, 1409, 1410, 1411, 1412, 3505, 4505.
- Fonsagrada: LU-P-1906 “De Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”.
- Incio: LU-P-2505 “De Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”; LU-P- 1306 “De Megoxe a Herrería do Incio” e as LU-P-2501, 2502, 2503, 2504, 2505, 4706, 5711.
- Navia De Suarna: (PRACTICAMENTE TODAS): LU-P-3501 “Paradela ao Alto do Restelo”: LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P- 3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “De Navia ao alto de Labiadas”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia” e as LU-P-3503, 3505,3509, 3511, 3512.
- Negueria De Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “Do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
- Nogais: LU-P-3701 “De As Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504”; LU-P-4503 “De San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan” e as LU-P- 0707 e LU-P-3702.
- Pedrafita: (TODAS) LU-P-4504 “De Pedrafita ao Portelo”, LU-P-4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “De Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; e as LU-P-1301, 1304,4501, 4502.
- Quiroga: LU-P-5001 “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial” LU-P-5002 e LU-P-5005.
- Ribas De Sil: “De San Clodio ao alto da Cruz da Moa”.
- Ribeira De Piquín: LU-P-1906 “ De Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P-4606 “De Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias”.
- Samos: LU-P-5603 “De Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “De Samos a Caurel e a Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “De Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara” e as LU-P-1306, 2503, 2507, 5602, 5604.
- Triacastela: LU-P-3702 “De As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “De Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”, e LU-P-0706, 4505.
- Valadouro: LU-P-6303 “De Cadramón a Pereiro”
Recoméndase circular con precaución nos Concellos máis afectados polo temporal e, de ser posible, reducir ao mínimo os desprazamentos.