A voceira do Grupo Provincial Popular e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, esta a levar a cabo unha serie de visitas polos concellos da provincia, hoxe visitou acompañada do alcalde de Carballedo, Julio Yebra, o espazo no que se construirá un campo de herba artificial en virtude dun convenio asinado coa Deputación de Lugo baixo a súa presidencia.
Elena Candia destacou que, a ”tras a aprobación dos Presupostos da Deputación, que o PP facilitou, estas obras comprometidas polos populares por fin poderán ser realidade, o que dará resposta a necesidades dos concellos “que non podían seguir sen atender”.
Pola súa banda, o alcalde agradeceulle o traballo levado a cabo polos populares e pediulles que “sigan garantindo que o reparto dos fondos provincias sexa equilibrado”.
Ambas as administracións, provincial e local, acordaran unir esforzos coa finalidade de colaborar, executando e poñendo os medios necesarios para a construción dun campo de fútbol de herba artificial dentro do núcleo urbano de A Barrela, no termo municipal de Carballedo.
Actuación
A memoria valorada da que dispón o Concello de Carballedo para a execución da obra recolle un importe de 99.387,81 euros. O ente provincial, en virtude do convenio asinado no mes de outubro, executará e financiará integramente a obra. O Goberno local, pola súa banda, será o encargado de redactar e aprobar o proxecto técnico necesarios para a execución das obras, financiado integramente polo Concello de Carballedo. Tamén asumirá, unha vez rematadas as obras, a posta en marcha, explotación mantemento e conservación das mesmas e as responsabilidades correspondentes como ente titular.