A Plataforma Lucense Lugo…Non perdas o tren segue sumando apoios

A plataforma lucense Lugo…Non perdas o tren, ven de emitir un comunicado onde se declara como unha plataforma que,  “continua a súa consolidación como ente reivindicativo da mellora  dos servizos ferroviarios en Lugo e a súa conexión coas principais cidades galegas, co resto do país, así como lograr financiamento para as obras da estación intermodal, que no seu momento comprometeron o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a traveso do seu Presidente”.

“Lugo verá incrementados os servizos ferroviarios trala nosa demanda a partir desta mesma semana pero iso non é suficiente, ademais como mantemos desde un principio, queremos que todos os trens de media distancia, fagan paradas facultativas en todas as estacións da Rede Provincial xa que o tempo perdido nestas é recuperable ao longo da súa traxectoria”, continúa.

A Plataforma solicita tamén, “un plan especial de servizos e recolocación dalgunhas estacións para o FEVE, (Ferrocarril de Vía Estreita), que percorre a costa e que só dispón de 4 servizos diarios en cada sentido entre Ferrol e Ribadeo. A chegada a Bilbao no día non é aínda posible”.

Segundo Lugo… Non perdas o tren, a Plataforma xa acadou moitos  apoios de institucións e colectivos, “Para lograr o obxectivo, temos confirmada a adhesión de 20 concellos da provincia de Lugo, a Deputación Provincial, 22 colectivos sociais, empresariais e profesionais, así como diversas asociacións veciñais que non están agrupadas na Federación Provincial, remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com