O Lugo perde ante o Tenerife

O Club Deportivo Lugo perdeu esta tarde ante o Tenerife no Heliodoro Rodríguez López, o que os sitúa na décima posición da táboa. A primeira parte do encontro mostraba un choque equilibrado entre os dous equipos, e era Ferreiro o que ao filo do descanso rozaba o tanto cun tiro cruzado. Pola contra o Tenerife, que presionaba con máis forza, era o que lograba achegarse máis a portería de José Juan.

Xa na segunda parte incrementouse máis o ritmo de xogo. José Durán daba entrada a Pita por vez de Ferreiro, buscando maior presencia na zona central e Iriome pasaba a ocupar punta de ataque con Igor e Pereira na banda, máis pese aos intentos do Lugo sería o Tenerife o que tomaría a dianteira en materia ofensiva e tras dous acercamentos con moito perigo á portería de José Juan, chegaba o tanto para os locais, nunha dudosa xogada, que finalizaba Suso cun excelento disparo á meta lucense.

O Lugo mantivo a intensidade e ambición por conseguir o tanto da igualada pero os seus intentos non deron resultado e o encontro rematou coa vitoria do Tenerife por 1-0

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com